22 de marzo de 2013

Pepas Pandereteiras

Boas! canto tempo sen publicar nada novo...desta vez volvo cunha nova incorporación, as Pepas pandereteiras de feltro. Estas monecas convertidas en broches son a adaptación do meu deseño a este material. Espero que vos gusten.


Ésta foi a primeira toma de contacto, a primeira Pepa pandereteira en feltro. Fíxena de proba e gustoume, decidín colocala na miña funda da pandeireta e darlle un toque personal.


Pepas Pandereteiras en proceso



4 de noviembre de 2012

- Recetario -


Antes das eleccións chegan a casa unha morea de sobres cheos de mentiras. Normalmente ían dereitos o contenedor de papel, pero de esta vez decidín darlles outra vida. Recicleinos para facer un recetario que aínda teño que rematar, pero que está quedando moi chulo. Aquí deixo algunhas fotos, cando o remate publicarei máis.

Un saúdo












24 de junio de 2012

- Regalo para Erica -

A principios de Xuño a miña cuñada Erica estivo de cumpreanos. De esta vez é moito máis especial, pois a finais de Agosto vai ser mamá!! a nena vaise chamar Kira e eu vou a ser a súa tía e madriña.
Como a min tamén me fai moita ilusión, decidín regalarlle un marco decorado con motivos infantís e co nome da nena para que o poña na súa habitación. Espero que lle guste.






























Un saúdo

16 de junio de 2012

Premios!!

Hoxe pola tarde Scrapartgalicia deume un premio para promocionar os blogs con poucos seguidores. Moitas gracias!! agora tócame a min darllo a outros cinco, estes son os meus elixidos:




Xabón natural   http://www.xabonnatural.blogspot.com.es/
Erixo   http://erixo-artesania.blogspot.com.es/
Queima Instrumentos Tradicionais  http://instrumentostradicionais-queima.blogspot.com.es/
El rincón de los postres http://elrincondelospostres.novaxove.com
La Pecera Rosa   http://www.lapecerarosa.blogspot.com.es/

Noraboa!

12 de junio de 2012

12 de mayo de 2012

- Pepa fotógrafa -

Como a min xa me ven de familia... non podía deixar de facer unha Pepa fotógrafa. Neste caso a fixen para un chaveiro. Espero que vos guste :)




- Pepa gaiteira -

Aquí vos presento a Pepa. Esta moneca tan simpática é un diseño meu que decidín plasmar nuns broches moi chulos. Están feitos en plástico, debuxados e pintados a man. 



e.....proximamente...Pepa pandereteira!!!

22 de abril de 2012

- Marcapáxinas -

Pensando que o 23 de Abril é o Día do Libro, decidín facer este marcapáxinas para a miña amiga Cris que sei que lle gusta moito ler. Espero que lle guste :)




- Pendentes -

Feitos a man




22 de octubre de 2011

- Tarta de Pañais -

Esta tarta fíxena para Noa, a filla duns amigos que naceu fai uns días. Se vos gusta e queredes unha podedes facer encargos. As tartas pódense personalizar.






19 de octubre de 2011

- Pinzas do pelo -













- Diademas -

Diademas feitas en feltro e tea cosidas a man. A base é metálica. pero algunhas van forradas de tea. Fánse de diversas cores.